Actualidade

Inicio O Concello Actualidade

Emprego e Desenvolvemento local

LISTAXES CONTRATACIÓN TEMPORAL PERSOAL LABORAL E INTERINO DA XUNTA DE GALICIA

A Xunta de Galicia vén de publicar unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 29 de febreiro de 2024 pola que acorda o peche e a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal funcionario interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades.  

O Concello

A pasarela da XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas volve a apostar polo talento galego

    • A empresa Gubem Event, do vimiancés Damián Álvarez, será a encargada de coordinar a pasarela outro ano máis.
    • “Moitos dos modelos comezan na Mostra a facer as súas primeiras grandes pasarelas e despois despuntan, como Yusnabis Ferrer, que veu o ano pasado e agora está en Milán”, explica Damián.
 

O Concello

Mar Barral repite a súa participación no “ArtEncaixe” cunha homenaxe á Romaría Vikinga de Catoira

A artista, natural de Vilagarcía de Arousa, é unha especialista na técnica xaponesa do raku e tamén no ecoprint, sendo esta a súa terceira participación

O Concello

O Concello solicita unha subvención á Xunta para contratar un enxeñeiro forestal

  • A duración do contrato sería de 9 meses e o obxectivo é levar a cabo unha actuación planificada para a prevención e defensa contra incendios.

O Concello

O Concello adhírese ao convenio para a vixilancia e control fronte a avespa asiática

  • O convenio suscríbese entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias.
  • Desde agora, a cidadanía debe chamar ao 012 se ve algún niño de velutina.

O Concello

A XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña: alternativas para todas as idades

  • O programa desta festividade conta, ademais de con múltiples pasarelas e actos que enxalzan ás palilleiras e ao encaixe, con actividades como concertos, presentacións de libros ou o monólogo de Carlos Blanco.

O Concello

Suso Calo e Ondas do Mar repiten no desfile de “ArtEncaixe”

  • Suso Calo, especializado en artesanía en prata e talla, cree que “o encaixe aporta un plus de creatividade” ás súas pezas, como “nos pendentes de encaixe con armazón en prata”.  
  • A firma local Ondas do Mar, de Josefina Campaña, só adiante que “este ano levarei á Mostra luz e vida a través do noso encaixe”.

O Concello

El Pulpo estréase na XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas

  • Para a recoñecida marca galega é “un reto darle una vuelta al trabajo que hacemos habitualmente, incorporando algo con tanta tradición como es el encaixe”.
  • “El encaixe es modernidad, moda, vanguardia... y, cada vez más, las marcas de moda internacionales se dan cuenta del valor que significa contar con el trabajo artesano en sus colecciones”, explican.