O Concello

Departamentos

* Benvida

Manuel V. Alonso de León, Alcalde de Camariñas

É para min un orgullo presentarvos este novo portal do cidadán que ven de sustituír o primeiro creado no 1998. Nesa data o Concello de Camariñas comezou a súa andadura por internet ca creación do sitio web do Museo do Encaixe que tiña por obxectivo difundir o patrimonio máis destacado do noso concello, o Encaixe de Camariñas.

Hoxe en día, internet é un medio de comunicación cun elevado número de usuarios que permite obter información dun modo rápido e eficaz. Neste contexto decidimos renovar para convertelo nun lugar no que se informe a veciños e visitantes dos diferentes servizos do Concello e das posibilidades turísticas do noso territorio.

Pretendemos presentar información actualizada periódicamente de todo o que facemos acorde cun programa realizado a través do diálogo permanente coa veciñanza e que ten como aspiración conseguir que as oportunidades sexan as mesmas para todas e para todos. Un compromiso de loita contra a discriminación, a defensa dos máis desfavorecidos e as garantías dun maior benestar.

Finalmente, agradecer a visita a tódalas persoas que se achegan a Camariñas e a tódalas veciñas e veciños por estar aí axudando para o desenvolvemento do noso concello.

Agardando as vosas propostas e suxestións, recibide un cordial saúdo.



Manuel V. Alonso de León (Alcalde de Camariñas)


© by Abertal