O Concello

Departamentos

* Camariñas manifestarase a favor da igualdade o 8 de marzo 12/02/2019

Camariñas manifestarase a favor da igualdade o 8 de marzo

·        A saída será ás 17 horas da Estatua da Muller.  

O vindeiro 8 de marzo, Día Internacional da Muller, unha manifestación comarcal pola igualdade partirá ás 17 horas da estatua da muller en Camariñas. A marcha estará encabezada por unha pancarta na que se poderá ler o slogan ‘A igualdade é unha necesidade’.  

Antes da saída a alcaldesa do Concello de Camariñas, Sandra Insua, lerá un manifesto e o coro de Camariñas cantará unha canción referente á muller. O percorrido da manifestación pasará polo paseo marítimo e a Estatua do Carme para volver outra vez ata a Estatua da Muller.  

A cada asistente se lle regalará unha camiseta morada co slogan da manifestación.


© by Abertal