18 Novembro, 2021
O Concello de Camariñas organiza para o 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero, unha andaina popular en igualdade baixo o nome ‘As mulleres de Camariñas: libres e rabudas’.
Comezará ás 10 horas desde o Museo de Cerdeimar e a ruta pasará polo Museo do Encaixe, onde visitará a exposición fotográfica:
"As mulleres de Camariñas: libres e rabudas", polo porto de Camariñas, onde unha mariñeira e unha percebeira explicarán como é a vida dunha muller cun oficio relacionado co mar e, por último, rematará cunha concentración en repulsa da violencia machista.
A participación é de balde pero as prazas son limitadas e é necesario confirmar asistencia no teléfono 981 737 004. Cada persoa que o faga recibirá un agasallo.