Actualidade

Inicio O Concello Actualidade

O Concello

A vicepresidenta do Goberno, Yolanda Díaz, loce uns pendentes de encaixe de Camariñas, agasallo do Concello

  • Sandra Insua reuniuse coa vicepresidenta do Goberno en FITUR e comprometeuse a enviarlle este produto.
  • Yolanda Díaz agradeceu o detalle e confirmou que intentará estar este ano na XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña.

O Concello

O Concello solicita unha subvención á Xunta para renovar o pavimento do parque infantil da Ponte do Porto

  • A actuación, que conta cun orzamento de 25.000 euros, permitirá substituír o pavimento por un de caucho.

O Concello

O novo espazo “Gourmet entre encaixes” xa conta con doce marcas

  • As primeiras confirmacións son: CienPorCel, Bico de Xeado, Quesos Artesanos Autor, A Biconeta, Ibéricos de Salamanca, Pimentón La Ristra, Frigoríficos Canosa, Stolt Sea Farm, Martietas de Fío, Pura Locura, Habelas Hailas e mermeladas Amorodo.
  • Na Mostra Habilitarase unha zona dedicada ao sector alimentario, na que se poderán instalar food trucks e outro tipo de postos.
  • O custe para as empresas por estar presentes neste espazo é de 370 euros.

O Concello

Eli Conde e Yolanda Román volven a Camariñas para participar no novo desfile “ReEncaixame”

  • Eli Conde, que participou no ano 2021, reinterpretará a súa colección “Victoria”.
  • Yolanda Román, que participou nos anos 2012 e 2019, vai reinterpretar a colección “Encaixa o postapocalipse”, do ano 2012.
  • A finalidade deste desfile é incentivar aos deseñadores e ás deseñadoras a reinterpretar unha colección non actual reutilizando tanto os tecidos como o encaixe de Camariñas.

O Concello

A praia de Area da Vila volve a ser incluída no censo de zonas de augas de baño da Xunta de Galicia

  • Tras o período de avaliación por parte da Consellería de Sanidade obtívose a clasificación provisional de “Excelente”.
  • As obras de saneamento levadas a cabo polo Concello permitiron solucionar os vertidos ao mar que se producían.
  • “Todas as praias de Camariñas están incluídas no censo oficial de praias aptas para o baño”, destaca Sandra Insua.

Emprego e Desenvolvemento local

Cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades vén de convocar no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 16 de febreiro de 2024, cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

Poderán solicitalos persoas maiores de 16 anos ou aquelas que os cumpran no ano natural da convocatoria.
 
Hai dúas modalidades:
-      Cursos presenciais: Celga 2, Celga 3 e Celga 4
-         Cursos en liña: Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

Emprego e Desenvolvemento local

Convocatoria probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais 2024

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 22 de febreiro as probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais para o ano 2024.

Deportes

Camariñas abre as inscricións para a súa XII Carreira Pedestre e solidaria dentro do Circuíto “Correndo pola Costa da Morte”

  • A proba terá lugar o 10 de marzo e recadaranse fondos para a Asociación Provincial Contra o Cancro.
  • As inscricións poden realizarse en correndopolacostadamorte.com.

Servizos sociais

O Concello organiza unha andaina pola igualdade e obradoiros educativos para conmemorar o 8M

  • A andaina terá lugar o Día da Muller, venres 8 de marzo, con saída ás 17 horas da estatua da muller palilleira.
  • Os obradoiros están dirixidos ao alumnado de educación primaria do CEIP de Camelle, CEIP de Camariñas e do CEIP Ponte do Porto.

O Concello

O Concello apoia as reivindicacións das traballadoras do SAF e lémbralle á concesionaria que se está a cumprir o que especifica o contrato

  • Os pregos, que non foron reclamados en ningún momento pola adxudicataria, non prevían ningunha subida do IPC polo que a empresa era consciente das condicións cando se presentou á licitación.
  • “A día de hoxe a relación laboral non é entre empregadas do SAF e o Concello senón que é directamente coa empresa, polo que as súas demandas deben ser satisfeitas pola mesma”, explican desde o goberno local.