Saúdo da Alcaldía

Inicio O Concello Saúdo da Alcaldía

A alcadesa Sandra Insua dache a benvida

Douvos a benvida ao portal web do Concello de Camariñas, unha ventá dixital aberta ao noso municipio, desde a que poden acceder tanto os nosos veciños e veciñas como quen nos visite e queira sabe máis do noso municipio.

Este espazo, que se actualizou para prestar un mellor servizo en liña, quere ser unha ferramenta de información, comunicación e promoción de Camariñas.

Aquí os usuarios e usuarias poderán coñecer a actualidade do municipio e a actividade do goberno e do persoal municipal, realizar diferentes trámites administrativos dun xeito cómodo e áxil, e tomar nota dos moitos atractivos turísticos de Camariñas, no corazón da Costa da Morte. Desde aquí tamén se terá aceso á web da Mostra do Encaixe de Camariñas, a máis internacional das nosas sinais de identidade.

Xunto con esta web, quen o desexe pode atoparnos nas redes sociais, seguíndonos non nosos perfís de Facebook (@concellodecamarinas), Twitter (@CCamarinas) e Instagram (@camarinas).

A máis sincera benvida a esta outra forma de visitar Camariñas.

 

Sandra Insua Rial

Alcaldesa de Camariñas