Actualidade

Inicio O Concello Actualidade

O Concello

SUBVENCION GARANTIA XUVENIL 2026

O Concello de Camariñas foi beneficiario dunha subvención da Consellería de Emprego, Comercio, Industria e Emigración da Xunta de Galicia (procedemento TR350E) por 16.902,64 euros. Esta axuda permitiu a contratación dunha persoa nova inscrita no Sistema de Garantía Xuvenil. 

O Concello

O Concello inicia as obras de reparación e conservación dun dos accesos ao Cemiterio dos Ingleses

  • Trátase dun tramo comprendido na Rede Natura 2000 e os traballos contarán cun investimento de 15.000 euros.

Servizos sociais

Aberto o prazo de inscrición para o novo Obradoiro de Memoria e Estimulación Cognitiva

O Concello de Camariñas pon en marcha o "Obradoiro de Memoria e Estimulación Cognitiva", unha actividade deseñada e dirixida especificamente para persoas adultas maiores de 60 anos.

O Concello

O 27 de setembro celebrarase outra “Andaina por Ataxia de Friedreich” para recadar fondos

  • O obxectivo é axudar a costear as terapias do camariñán Juan Pérez González.
  • A marcha solidaria unirá a Ponte do Porto con Cereixo baixo o lema "Camiñamos xuntos, chegamos máis lonxe".Á
  • As persoas interesadas poden colaborar e inscribirse adquirindo unha camiseta solidaria por 7 euros a través do teléfono 697 828 580.

Deportes

Cinco ciclistas do PC Baikers do Vilán chegarán ata Delemont nunha nova ruta para estreitar lazos

  • A proba arrincará este sábado 15 de agosto desde a localidade francesa de La Turballe e rematará o día 20 en Suíza tras percorrer 965 quilómetros.
  • O obxectivo desta iniciativa, que se iniciou no 2023 chegando a La Turballe e no 2024 a Peniche, é fortalecer os vínculos de Camariñas coas localidades irmandadas.
  • A chegada a Delemont ten un significado moi especial ao tratarse dunha zona onde residen familias emigrantes de Camariñas.

Deportes

Os ciclistas do PC Baikers do Vilán conquistan Suíza tras completar os case 1.000 km da súa ruta de irmanamento

  • O equipo cruzou Francia desde a Bretaña ata a capital do cantón de Jura, pasando por tramos míticos do Tour de Francia.
  • Á súa chegada a Delemont, foron recibidos polas autoridades locais e arroupados pola música do grupo de gaitas Galiza Celta Delemont.
  • O club anuncia o seu próximo obxectivo: unha cuarta ruta ata a localidade italiana de Novedrate para seguir levando o nome da Costa da Morte por Europa.

O Concello

Emotivo e histórico pleno para nomear oficialmente a Luz Casal como Filla Adoptiva de Camariñas

  • A corporación municipal outorgou por unanimidade a máxima distinción á artista pola súa traxectoria e por proxectar o nome de Camariñas polos escenarios e teatros de todo o mundo coa cantiga tradicional.
  • A alcaldesa, Sandra Insua, quixo facer extensiva a homenaxe a todas as e os artistas que cantan este himno "non oficial", nun acto que contou coa presenza de mulleres palilleiras e coa actuación en directo de Budiño e Fran Barcia xunto á homenaxeada.
  • Luz Casal salientou que “nunca estivera en Camariñas” e explicou que “cando eu era pequena a miña nai sempre me falaba do encaixe e das palilleiras”.

Cultura

Pleno extraordinario para nomear a Luz Casal como "Filla Adoptiva"

Mércores 29/07/2026 – 13:00 horas
 
O Concello celebra mañá, mércores, o pleno extraordinario para nomear a Luz Casal como "Filla Adoptiva"
 
O Concello de Camariñas celebra mañá, mércores 29 de xullo, ás 13:00 horas un pleno extraordinario cun único punto na orde do día: a distinción de Luz Casal como Filla Adoptiva Camariñas. 
 
Salón de plenos da casa do concello. 

Cultura

“Retratos para lembrar”: unha exposición recolle os rostros da veciñanza de Camelle no Museo Man

  • O conxunto de obras, presentadas este 19 de xullo, permanecerán expostas ata o final do mes
  • A colección está repartida entre o museo e distintos bares e restaurantes da localidade