O Concello

Inicio • O Concello

Novas

O Concello proporá declarar tres festas do municipio como Festa de Interese Turístico de Galicia

  • Levará a proposta ao pleno ordinario que se celebra este venres, 27 de novembro.
  • Son: as festas do Carme de Camelle, a Festa da Praia de Xaviña e a Festa do Caldo de Riola da Ponte do Porto.
  • Anteriormente o Concello xa solicitou este distintivo para as Festas do Carme de Camariñas.

O Concello de Camariñas acolle unha charla formativa sobre a prevención de timos e estafas

A sesión, impartida pola Escola Galega do Consumo, terá lugar o xoves 26 de novembro, ás 12:00 horas, no Centro de Iniciativas Empresariais.

Comezan dúas xornadas de memoria e xustiza democrática a través do proxecto “Sementando Memoria”

  • A iniciativa comezou hoxe, venres 30 de outubro, cunha ruta da memoria para o alumnado do IES Pedra da Aguia e a presentación do libro “A República e a Guerra Civil en Camariñas”, de Rafael Lema.
  • Mañá, sábado 31 de outubro, terá lugar a inauguración da Avenida das Palilleiras e unha conferencia sobre a represión franquista na Costa da Morte a cargo de Luís Lamela.

Danza Rosa 2026

Como xa é habitual, o Concello de Camariñas organiza unha ‘Danza Rosa’ para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama. Mañá, sábado 17 de outubro as rúas do municipio tinguiranse de cor cos panos e arcos rosas en apoio ás persoas enfermas de cancro.
A actividade, en colaboración coa Asociación Española Contra el Cáncer, consiste nunha andaina e danza de arcos. As persoas participantes sairán desde a praza do Concello ás 16:30 horas. Unha vez rematada a marcha haberá unha sesión de zumba.