O Servizo de Atención Temperá comarcal xa atendeu a 22 menores de Camariñas

O Servizo de Atención Temperá comarcal xa atendeu a 22 menores de Camariñas

  • O servizo, que se realiza de xeito conxunto con outros 9 concellos, conta cun equipo formado por un logopeda, unha psicóloga e un terapeuta ocupacional.
  • O total de casos atendidos en todos os municipios é de 121, dos cales 43 están actualmente de alta.

 

O Servizo de Atención Temperá comarcal, que se leva a cabo xunto a outros 9 concellos, atendeu en Camariñas a un total de 22 menores no período que abrangue desde o mes de setembro do ano 2020 ata o mes de decembro do ano 2021.

 

No caso de Camariñas, deses 22 menores actualmente seguen 16 con atención personalizada, 5 xa recibiron a alta por obxectivos acadados ou idade e 1 está en lista de agarda. No ámbito de actuación da Terra de Soneira (Camariñas, Vimianzo e Zas) foron 48 os menores atendidos e o total dos 10 municipios que compoñen o Servizo de Atención Temperá (SAT Costa da Morte) é de 121 menores atendidos, dos cales 43 están actualmente de alta.

 

Enténdese a atención temperá como un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ao seu contorno, e que ten por obxectivo dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.

 

O SAT Costa da Morte está formado por Dumbría, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas. Aténdese as seguintes dificultades do desenvolvemento: trastorno da linguaxe e/ou comunicación, trastorno da conduta, trastorno da psicomotricidade, trastornos cognitivos, trastornos sensoriais, trastornos evolutivos e dificultades sociais, educacionais ou de hábitos. Para iso contan cun equipo formado por una psicóloga, un logopeda e un terapeuta ocupacional.

Os centros de atención están situados en Vimianzo (Av. Finisterre, 12, 1º) e en Dumbría (Pedra Maior, 97-15279. Ézaro).

Igualdade e Servizos Sociais

Contacto

Casa de Pedra. Plaza de Insuela, s/n.
Tfno. 981737004 - Fax: 981736199
Concelleira de Servizos Sociais: 
begona.tajes@camarinas.net
Axente de igualdade: 
igualdade@camarinas.net