21 Abril, 2022
A concelleira de Servizos Sociais do Concello de Camariñas, Begoña Tajes, e a nova coordinadora do Servizo de Axuda no Fogar, Junquera Vázquez Casal, comezaron a semana pasada unha rolda de visitas a todos os usuarios e usuarias deste servizo.
A día de hoxe hai 130 persoas beneficiarias do SAF en Camariñas. O obxectivo desta toma de contacto que se está a levar a cabo diariamente é presentar á nova coordinadora, facer unha avaliación de como está a funcionar o servizo e consultar se teñen algunha necesidade a maiores ou axudalos nalgún tipo de xestión.
Begoña Tajes avaliou moi positivamente esta rolda de contactos xa que “a reacción das usuarias e usuarios é moi moi boa, polo momento todos nos transmitiron que están moi satisfeitos co servizo e, ademais, este tipo de encontros permiten que lle poñamos cara a todos”.