15 Xuño, 2022
O Servizo de Atención Temperá (SAT) da Costa da Morte, do que é membro o Concello de Camariñas xunto con outros nove concellos da comarca, organizou para este sábado, 18 de xuño, a súa primeira saída en familia con motivo do día da Atención Temperá que se celebra mañá, 16 de xuño. O lugar escollido para esta actividade é o Aquarium Finisterrae da Coruña.
A fin de facilitar que asistan todas as familias contarase con transporte, que fará dúas paradas: unha na estación de autobuses de Cee (saída ás 10 horas) e a outra na parada de autocares fronte ao SAT en Vimianzo (saída ás 10:45 horas).
A visita ao Aquarium está prevista para as 12 horas e, se fai bo tempo, xantarase no merendeiro da Praia de Lapas (ao carón do acuario).