23 Novembro, 2022
O Concello de Camariñas instalou nas cinco parroquias do municipio (Camariñas, Ponte do Porto, Arou, Xaviña e Camelle) sinais contra a violencia de xénero, unha iniciativa promovida dentro dos actos programados para conmemorar o 25N, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.
Nos sinais instalados pódese ler o nome da parroquia acompañado da frase ‘Contra o maltrato tolerancia cero’. Esta actuación está subvencionada a través do Pacto de Estado contra la violencia de género do Goberno de España.
Ademais, a programación inclúe tres obradoiros co alumnado de sexto de primaria dos centros de Camariñas e Ponte do Porto e co alumnado de primeiro e segunda da ESO no IES plurilingüe Pedra da Aguia de Ponte do Porto.
Mañá, mércores 23 de novembro, ás 12:30 horas representarase a obra ‘Amantis’ da compañía Rebordelos, unha peza teatral dirixida á mocidade onde se promove a igualdade e se rexeitan as actitudes machistas.
Xa o propio día 25 de novembro, ao redor das 12 horas, os rapaces e rapazas do IES Pedra da Aguia lerán un manifesto contra a violencia de xénero e desenvolverán un recital poético apoiado de diversos carteis e acompañado dunha peza musical. Neste acto estarán acompañados pola alcaldesa Sandra Insua e a concelleira de servizos sociais e Igualdade do Concello de Camariñas, Begoña Tajes.