Os obradoiros de memoria xuntan a 40 persoas en Camariñas e Camelle

Os obradoiros de memoria xuntan a 40 persoas en Camariñas e Camelle

  • Esta actividade comezou o mes de novembro e estenderase ata finais de abril.
  • As persoas participantes traballan exercicios que favorecen a linguaxe, a orientación, o cálculo, o recordo a curto e longo prazo...

 

Neste mes de novembro deron comezo os obradoiros de memoria para persoas maiores organizados polo Concello de Camariñas e no que participan un total de 40 persoas, das cales 5 son usuarias das Casas do Maior do municipio.

 

Esta actividade, que comezou o día 2 de novembro en Camariñas e o día 7 de novembro en Camelle, alongarase ata finais de abril e comprende unha sesión á semana en cada un dos centros.

 

Nas sesións as persoas participantes traballan exercicios que favorecen a linguaxe, a orientación, o cálculo, o recordo a curto prazo e a longo prazo, o manexo de moedas, o calculo do tempo, a atención e a concentración, a estimulación cognitiva, as funcións executivas e a praxis.

 

Estes obradoiros lévanse ofertando á poboación de Camariñas desde o ano 2017, coa interrupción no 2020 pola pandemia e a reactivación no ano 2022.

Igualdade e Servizos Sociais

Contacto

Casa de Pedra. Plaza de Insuela, s/n.
Tfno. 981737004 - Fax: 981736199
Concelleira de Servizos Sociais: 
begona.tajes@camarinas.net
Axente de igualdade: 
igualdade@camarinas.net