25 Xuño, 2024
Aberto o prazo para solicitar praza no programa “Benestar en Balnearios 2024”da Xunta de Galcia; Para estadías de dez días en establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia.
O prazo estará aberto ata o 17 de xullo de 2024.
as solicitudes achegaranse preferiblemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, código do procedemento BS607A, así como, opcionalmente en soporte papel e presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Máis información no departamento de Servizos Sociais deste Concello ou chamando ao teléf. 981737004.
Tamén poderá encontrar toda a información deste programa no DOG núm. 116 do luns, 17 de xuño de 2024.