Programa Redes para a Igualdade

Programa Mulleres Significativas de Camariñas

· Descrición do programa
Programa de dinamización da poboación camariñá para a sensibilización e a concienciación sobre a importancia do labor que levan e levaron a cabo as mulleres.

· Obxectivos
- Rematar coa pouca valoración do traballo feminino.
- Visibilizar, sensibilizar e concienciar da situación e realidade que viven e viviron as mulleres.
- Promover a participación e empoderamento da poboación feminina

· Datas de realización
2005

· Servizo Responsable
Área de Igualdade

· Servizo colaborador
Axencia de desenvolvemento local

· Entidade cofinanciadora
Deputación da Coruña
Cruz vermella. Proxecto Singra.

· Entidades colaboradoras

Xeneme, intervención social
Distintas asociación do concello
I.E.S Pedra da Aguia

En Feminino: A voz das mulleres

· Descrición do programa
Programa que pretendeu incentivar e coordinar a participación cidadá en cada unha das actuacións executadas. Creáronse grupos de traballo para poder articular a relación directa entre o tecido comunitario e o concello.

· Obxectivos
- Mellorar a comunicación entre o grupo social.
- Artellar e potenciar a participación da muller en tódolos eidos da vida social.
- Apoiar a toma de decisións das mulleres e as solucións ou accións propostas por elas.
- Incentivar e sensibilizar para a constitución de grupos de mulleres que permitan articular novas accións para o seu desenvolvemento colectivo.

· Datas de realización
2006

· Servizo Responsable
Área de Igualdade

· Servizo colaborador
Axencia de desenvolvemento local

· Entidade cofinanciadora
Deputación da Coruña

· Entidades colaboradoras
Tagen Ata, lingua e comunicación.
Eritea

· Vídeos relacionados

 

Servizos Sociais

Contacto

Casa de Pedra. Plaza de Insuela, s/n.
Tfno. 981737004 - Fax: 981736199
Concelleira de Servizos Sociais: 
begona.tajes@camarinas.net
Axente de igualdade: 
igualdade@camarinas.net