As escolas deportivas de balonmán e fútbol abren a inscrición para o próximo curso 2021-2022

  • Compaxinaranse os horarios de adestramentos e partidos para que todos os nenos e nenas poidan practicar ambos deportes.
  • O concelleiro de Deportes, Fabián Canosa, destaca que “este ano, máis ca nunca, queremos apostar polas escolas deportivas xa que isto tamén é unha aposta pola formación educativa e deportiva dos rapaces”.

 
As escolas deportivas de fútbol e balonmán do Concello de Camariñas abriron desde hoxe, xoves 29 de xullo, a inscrición para que os nenos e nenas que o desexen se anoten para formar parte de calquera delas, ou das dúas, de cara ao curso 2021-2022.
 
A escola de fútbol Concello de Camariñas Juan Cabrejo, que acaba de crearse grazas ao convenio asinado cos catro clubs do municipio (Camariñas C.F., Club Porteño C.F., Camelle S.D., e As Baleas)  e que estará coordinada por Juan Cabrejo Pasantes, contará coas categorías de biberón, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete. Os adestramentos comezarán en setembro. A inscrición poderá formalizarse a través dun formulario (https://forms.gle/2CCpvpiiYsfYV2XQ8)  ou do correo electrónico escoladefutbolcamarinas@gmail.com.
 
A escola de balonmán tamén comezará os adestramentos en setembro e realizará unha proba gratuíta a finais de agosto. Haberá as seguintes categorías: kids, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil masculino e feminino e cadete masculino e feminino. A inscrición pode facerse a través de Whatsapp no teléfono 677 433 461 ou do correo electrónico balonmancamarinas@gmail.com.
 
Para que todos os nenos e nenas que o desexen teñan a posibilidade de practicar ambos deportes compaxinaranse entre os clubs os horarios de adestramentos e partidos.
 
O concelleiro de Deportes, Fabián Canosa, destaca que “este ano, máis ca nunca, desde o Concello queremos apostar polas escolas deportivas xa que isto tamén é unha aposta pola formación educativa e deportiva dos rapaces”.