O Concello

Inicio • O Concello

Novas

Comezan dúas xornadas de memoria e xustiza democrática a través do proxecto “Sementando Memoria”

  • A iniciativa comezou hoxe, venres 30 de outubro, cunha ruta da memoria para o alumnado do IES Pedra da Aguia e a presentación do libro “A República e a Guerra Civil en Camariñas”, de Rafael Lema.
  • Mañá, sábado 31 de outubro, terá lugar a inauguración da Avenida das Palilleiras e unha conferencia sobre a represión franquista na Costa da Morte a cargo de Luís Lamela.

Danza Rosa 2026

Como xa é habitual, o Concello de Camariñas organiza unha ‘Danza Rosa’ para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama. Mañá, sábado 17 de outubro as rúas do municipio tinguiranse de cor cos panos e arcos rosas en apoio ás persoas enfermas de cancro.
A actividade, en colaboración coa Asociación Española Contra el Cáncer, consiste nunha andaina e danza de arcos. As persoas participantes sairán desde a praza do Concello ás 16:30 horas. Unha vez rematada a marcha haberá unha sesión de zumba.

Presentación do cartel da terceira edición de “Ponte Friki”, o grande evento de cultura e lecer alternativo da Costa da Morte

  • Terá lugar o 6 e 7 de marzo de 2027 no pavillón da Ponte do Porto, onde se manterá a ampliación de carpas da edición anterior e engadiranse melloras para garantir un maior confort.
  • Sandra Insua e Encarna Liñeiro, xunto con membros da organización, desvelaron a imaxe gañadora do certame para escoller o cartel, obra do artista Javier Villa Blanco.

O Concello impulsa o proxecto “Sementando Memoria” para honrar ás vítimas do franquismo e promover os valores democráticos

· A iniciativa inclúe a creación dun Sendeiro da Memoria con realidade aumentada, a instalación de paneis informativos e a supresión de simboloxía contraria á memoria democrática.
· Os días 30 e 31 de outubro desenvolverase unha completa programación con ofrendas florais, proxección de documentais e relatorios a cargo de expertos como Rafael Lema e Luís Lamela.