Presentación da "Escola de Fútbol Concello de Camariñas-Juan Cabrejo"

Presentación da "Escola de Fútbol Concello de Camariñas-Juan Cabrejo"

  • Un total de 96 rapaces e rapazas forman a escola, que conta con categorías de biberón, prebenxamín, benxamín, alevín e infantil.

 

A ‘Escola de Fútbol Concello de Camariñas-Juan Cabrejo’ xa é unha realidade. Os 96 rapaces e rapazas que a forman levan adestrando desde o mes de setembro pero agora, antes do inicio das competicións oficiais, viviron a súa presentación en sociedade.

 

A alcaldesa, Sandra Insua, e o concelleiro de Deportes Fabián Canosa, asistiron xunto co coordinador desta escola, Juan Cabrejo, e os seus adestradores, Juan Porrúa, Carlos González, Pepucho e Iván Pose, ao acto de presentación oficial da escola.

 

Conta con cinco categorías: biberón, prebenxamín, benxamín, alevín e infantil. Desde o mes de setembro están adestrando e xogando partidos amigables e este mes de novembro comezarán a competición oficial da Federación Galega de Fútbol.

Deportes

Contacto Deportes

Casa de Pedra. Plaza de Insuela, s/n.
Tfno. 981737004 - Fax: 981736199
Técnico de deporte: fran.puga@camarinas.dicoruna.es
Conc. Delegado Deportes:
fabian.canosa@camarinas.net

Solicitude instalacións deportivas