Actualidade

Inicio Deportes Actualidade

Deportes

LISTAXE OBRADOIRO TEMPO LIBRE

Listaxes das persoas que  tramitaron a súa solicitude en tempo e forma para poder participar nos obradoiros de tempo libre.

Deportes

Presentación Torneo As Baleas

A Escola de Fútbol Juan Cabrejo e o Concello de Camariñas celebrarán o próximo sábado, 22 de xuño, o Torneo As Baleas no campo de fútbol Vicente Carril. No evento participarán os xogadores das categorías prebenxamín, benxamín e alevín dos seguintes equipos: SRD Unión Club Cee, Unión Deportiva Cerqueda, Sociedad Deportiva Laxe, Bergantiños FC - Escolas Luis Calvo, Sociedad Deportiva Sofán e Club Deportivo Concello de Zas.

A presentación oficial da cita deportiva correu a cargo da alcaldesa, Sandra Insua, do concelleiro de Deportes, Fabián Canosa, do presidente da Escola de Fútbol Juan Cabrejo, Marcos Lema, do director, Juan Cabrejo, e do adestrador Pepucho.

Deportes

"Danza de Arcos Xuvenil"

O obxectivo da actividade é acercar á mocidade a cultura da Danza dos Arcos, o baile típico do pobo camariñán, o cal se leva a cabo cada ano nas Festas do Carmen o 16 de Xullo.

Deportes

SORTEO DE PRAZAS ACTIVIDADES ACUÁTICAS 2024

Hoxe celebrouse o sorteo para a 1ª Quenda de Actividades Acuáticas 

Deportes

LISTAXE DE PERSOAS ADMITIDAS EN ACTIVIDADES ACUÁTICAS

Unha vez pechado o prazo de preinscripción na actividade “Actividades Acuáticas”, procedemos a
publicar a listaxe de persoas admitidas (empadroadas):

Deportes

Recepción a Álex Canosa

O Concello de Camariñas realizou hoxe, sábado 8 de xuño, a recepción institucional a Álex Canosa, un camariñán que formou parte do corpo técnico do Real Club Deportivo de la Coruña, que este ano acadou o ascenso á Liga Hypermotion, a segunda división do fútbol nacional.
 No acto estiveron presentes a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, o concelleiro de Deportes, Fabián Canosa, e parte da familia do homenaxeado. 

Deportes

O Concello destina 18.000 euros para apoiar a actividade dos clubs deportivos

  • A proposta inclúese dentro do Plan Estratéxico de Subvencións que se aprobou en pleno.
  • Sandra Insua explica que “o fomento do deporte é unha prioridade e estas entidades fan un traballo anual impagable que necesita do noso apoio”.

Deportes

Camariñas abre o luns, 3 de xuño, a inscrición para as 648 prazas de obradoiros de tempo libre e as actividades acuáticas

  • A oferta distribúese entre varias quendas ao longo do período estival.
  • Habilitáronse formularios en liña para facer efectiva a preinscrición.

Deportes

Camariñas abre as inscricións para a súa XII Carreira Pedestre e solidaria dentro do Circuíto “Correndo pola Costa da Morte”

  • A proba terá lugar o 10 de marzo e recadaranse fondos para a Asociación Provincial Contra o Cancro.
  • As inscricións poden realizarse en correndopolacostadamorte.com.

Deportes

O “3 H Resistencia Concello de Camariñas”, proba da Copa Galicia de BTT, chega este domingo a Camariñas

  • A cita, organizada por PC Baikers do Vilán en colaboración co Concello, ten saída e meta na praia do Ariño.
  • Participan 245 bikers, con comezo ás 10 horas, e é unha ruta circular de 6 quilómetros.
12 3 4 5

Deportes

Contacto Deportes

Concello de Camariñas. Praza de Insuela
Tfno. 981736000
Técnico de deporte:
deportes@camarinas.net
Conc. Delegado Deportes:
fabian.canosa@camarinas.net