O Concello recibe un vehículo todo terreo para uso de Protección Civil

O Concello recibe un vehículo todo terreo para uso de Protección Civil

  • A concesión foi a través dunha convocatoria de equipamentos de emerxencias confinanciada polo FEDER a través da Xunta.

 

O Concello de Camariñas resultou adxudicatario dun vehículo todo terreo tipo pick-up para uso de Protección Civil, un vehículo concedido pola Xunta de Galiciaz a través dunha convocatoria de equipamentos de emerxencias cofinanciada polo Fodo Europeo de Desenvolvemento Rexioinal (FEDER).

 

Este todo terreo, que será destinado a misións de emerxencias e de Protección Civil, permitirá complementar as funcións da actual pick-up contraincendios e así aumentar a flota da que pode dispoñer a agrupación local.