Neve, chocolate con churros, inchables e música no acendido de Nadal

  • Terá lugar o luns, 6 de decembro, ás 18 horas na praza do Concello.

 

O Concello de Camariñas programou o acendido da iluminación de Nadal para o próximo luns, 6 de decembro, ás 18 horas. Será na praza do Concello e desde o goberno local invitan á veciñanza á que se acheguen ata alí para desfrutar das actividades programadas.

 

Haberá inchables para os máis pequenos, darase chocolate con churros ás persoas que vaian, o coro municipal ‘Brisas do Mar’ amenizará a tarde e, ademais, haberá neve na praza!