Faise pública a lista de memorias seleccionadas para participar no XXVIII Concurso de Noveis Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña

O evento terá lugar do 13 ao 17 de abril de 2022, durante a celebración da XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas.

O Concello de Camariñas fixo pública hoxe, 16 de decembro, a lista de memorias seleccionadas para participar no XXVIII Concurso de Noveis Deseñadores, que se celebrará do 13 ao 17 de abril de 2022, durante a XXXI Mostra do Encaixe De Camariñas.

 

O xurado seleccionou do total de memorias, as dos seguintes deseñadores: José Daniel Teriffe, Egoitz Ruíz, Candela Mondelo e Natalia María González, Pablo Buendía e Jacobo Martí, Uxía Rodríguez, Andrea Piñeiro, Josu Santos, Álvaro Castillo, Enrique Sánchez, Nahomi Jiménez e Raquel Marina Blanco, Enrique Llera, Cantia Aparicio, Joaquín Ruíz, Vanessa Parente e Beatriz Chan, Sofía Sánchez, Llucía Miravalles, Alicia Rocamora, Orlinda Armandina Anchundia e Luigi Maldera, Bimba González e a de Pablo González.

 

A procedencia dos noveis deseñadores é moi diversa, xa que virán desde Asturias, Alicante, Guipúscoa, Pontevedra, Zaragoza, A Coruña, Cantabria, Zaragoza, Murcia ou Madrid. Formáronse nas mellores escolas a nivel estatal.

 

Desde a Mostra queren “parabenizar a todas e todos os integrantes desta selección final, algúns e algunhas xa vellas e vellos coñecidos deste evento, e que contribúen co seu esforzo a superar un nivel xa de por si alto nos concursos anteriores”, comentan. “O xurado vaino ter moi complicado outro ano máis”, admiten.