22 Decembro, 2021
O Concello de Camariñas publicou a sétima entrega do programa ‘Eu Son Camariñas’ que lle dá voz a Lucía Baña Ponte, unha avogada de Camelle que está a traballar actualmente na Coruña, no bufete ‘Abrente abogados’.
‘Eu son Camariñas’ é un proxecto municipal creado para dar visibilidade a diversos camariñáns que destacan no seu ámbito profesional, académico, deportivo, artístico ou social. A proposta consiste en publicar mensualmente na páxina web www.eusoncamarinas.es un vídeo cunha entrevista a un destes camariñáns senlleiros.
Nesta ocasión o protagonista e Lucía Baña Ponte, unha abogada que estudou dereito na UDC e exerce a profesión no bufete “Abrente abogados”. Na entrevista fala sobre as verdades e os mitos que rodean o seu oficio tan visto nas grandes pantallas e ao mesmo tempo descoñecido no día a día da cidadanía. Tamén percorre Camelle, onde conta as implicacións de saltar ao traballo por conta propia, as dificultades e ilusións que se atopan na xente nova que trata de crear o seu propio camiño deste xeito.