XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña en FITUR

XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña en FITUR

15:00 – Presentación da XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña en FITUR, Madrid

 

O Concello de Camariñas presentará mañá, xoves 20 de xaneiro, ás 15 horas, a XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña na Feira Internacional de Turismo (FITUR) de Madrid.

 

No acto, que se levará a cabo no stand de Turespaña, farase público o vídeo promocional da edición número 31 da Mostra do Encaixe. A presentación correrá a cargo da alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua.