E ti, encaixas no paraíso?

  • Unha tradición milenaria e unha natureza fermosa e impoñente, a aposta da trixésimo primeira edición da Mostra, que foi presentada hoxe ao público en FITUR, no stand de Turespaña.
  • No vídeo promocional faise un percorrido desde a Virxe do Monte, lugar onde se atopa o paraíso, ata a duna rampante do areal de Trece, imaxe do cartel da Mostra.
  • Sandra Insua animou ao visitante a que “nos visite durante Semana Santa, asista á Mostra do Encaixe e aproveite para coñecer o fermoso patrimonio co que conta Camariñas, estou segura de que volverá”.
  • Ainhoa Toba, voluntaria da Mostra, é a protagonista do vídeo e tamén do cartel promocional que se proxectou toda a semana nas pantallas de Callao e da Gran Vía.

 

A Feira Internacional de Turismo (FITUR) que se celebra estes días en IFEMA (Madrid) volve a ser o lugar escollido polo Concello de Camariñas para presentar a XXXI edición da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, que se celebrará do 13 ao 17 de abril e que coa pregunta ‘E ti, encaixas no paraíso?’ fai un chamamento para dar a coñecer Camariñas pola súa riqueza e patrimonio máis aló da artesanía.

 

A edición na que se recuperarán as datas tradicionais de Semana, trala parénteses da trixésima Mostra que tivo que celebrarase no mes de outubro obrigada pola pandemia, fai unha clara aposta por unir a tradición milenaria do encaixe que a día de hoxe se sitúa na vangarda da moda coa natureza, fermosa e impoñente, da que se pode desfrutar en Camariñas.

 

Na presentación, realizada no stand de Tourespaña, deuse a coñecer por primeira vez o vídeo promocional, no que se fai un percorrido desde a Virxe do Monte ata a duna rampante de Monte Branco, imaxe do cartel. Alí, pódese ver a unha rapaza, Ainhoa Toba, voluntaria da Mostra do Encaixe, ataviada cun vestido de encaixe e recollendo uns palillos mentres bota unha ollada á fermosa e imponente paisaxe que a rodea: o areal do Trece.

Todas as parroquias e lugares emblemáticos do municipio están representados nesta peza audiovisual: a ermita da Virxe do Monte, o porto de Camariñas, o traballo das persoas mariscadoras, dos percebeiros de Santa Mariña, o espazo natural do Ariño, a desembocadura do río Grande, a Ponte do Porto, Camelle, o Museo e a casa de Man, Arou, a igrexa e o pobo de Xaviña, a igrexa de San Xurxo, o Faro Vilán, as praias de Reira, o cemiterio dos Ingleses e a praia de Trece coa súa duna rampante.

 

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, animou durante a súa intervención ao visitante a que “nos visite durante esta Semana Santa, asista á mostra do Encaixe e aproveite a súa estancia para coñecer o fermoso patrimonio co que contamos. Se o fai, estamos seguros de que volverá”.

 

“Camariñas está feita de encaixe, iso é indubidable. A nosa forma de ser, os nosos costumes e as nosas tradicións están tecidos con mimo polas mans das nosas amadas palilleiras”, explicou a rexedora, que engadiu que “Camariñas tamén está feita de mar e de terra. Nós cremos que en Camariñas está o paraíso e imos convencervos diso. Porque somos moito máis que encaixe: somos o Cabo  Vilán e o seu impoñente faro, somos o Cemiterio dos Ingleses e o seu fascinante e aterradora historia, somos a arte libre que  Manfred  esculpiu en Camelle, somos a lenda que se esconde na Virxe do Monte, somos as nosas espectaculares praias bañadas polo atlántico de area branca e fina”.

 

A XXXI Mostra do Encaixe seguirá na liña da anterior, apostando pola innovación e  integración do encaixe nas diferentes artesanías galegas ademais dos desfiles de moda coa presenza dalgúns dos mellores deseñadores e deseñadoras do país e tamén das promesas do mundo do deseño co concurso de jóvenes deseñadores. Ademais, como novidade, está previsto que se instalen no recinto stands de deseñadores e revistas especializadas.

 

Pantallas no centro de Madrid

 

Para contribuír á difusión da XXXI Mostra do Encaixe o Concello de Camariñas, ao igual que xa fixera no ano 2020, decidiu levar a Mostra do Encaixe a pleno centro de Madrid. Así, aproveitando a presentación da Mostra en FITUR, programou que durante toda a semana do 17 ao 23 de xaneiro se proxectase nas grandes pantallas dixitais de Callao en Gran Vía un cartel promocional.

 

A protagonista deste cartel, ao igual que do vídeo, é a voluntaria da Mostra Ainhoa Toba que desde o alto da duna de Monte Branco, cun vestido de encaixe e sostendo uns palillos e co areal, aprecia o fermoso horizonte das praias do Trece.

 

Na imaxe pode verse o slogan desta edición: ‘Encaixas no paraíso?’ e unha clara referencia ao municipio e ás datas de celebración do evento: ‘Camariñas, corazón da Costa da Morte. Semana Santa 2022’.

 

O obxectivo desta acción publicitaria é o de continuar a promocionar a Mostra do Encaixe e o turismo en Camariñas fora das nosas fronteiras, para afianzar o evento como capital da moda durante a Semana Santa e atraer un maior número de visitantes.

 

Camariñas, o paraíso do Camiño de Santiago

 

O chamamento que aglutina a esencia desta XXI Mostra do Encaixe ten que ver co plan que ten en marcha o Concello para destacar Camariñas como a etapa final, ou o ‘paraíso’ dunha ruta alternativa do chamado Camiño da Resurrección.

 

Hai unha teoría, que se recolle no libro ‘El Camino de Santiago y el Juego de la Oca’, de Sebastián Vázquez, pola que a ermita da Virxe do Monte é a fin do Camiño da Resurreción, o paraíso ou, como se relata no texto, o ‘Jardín de la Oca’.

 

Para iniciar o Camiño da Resurrección, despois de saír por Santiago o peregrino pasarase por Padrón, Noia, Fisterra e chegarase a Muxía. Alí, ademais de atoparse coa traslatio de Cereixo e a igrexa de San Julián de Moraime, baixará ata o santuario da Barca onde se atopa a pedra de abalar. Cuenta Sebastián Vázquez en el libro que justo en ese lugar se produjo el encuentro entre Santiago y María y, según la leyenda, ella venía justo de enfrent, en donde se levanta la ermita de la Virgen del Monte en Camariñas, prueba de ello son las huellas de sus pies que se conservan en una piedra frente a la ermita. Por mar son apenas cuatro kilómetros los que separan ambos puntos. Por tanto el peregrino regresará sobre sus pasos y llegará a Camariñas para acceder, por fin, al Jardín de la Oca”.