04 Febreiro, 2022
O Concello de Camariñas destinará 48.399,84 euros para a pavimentación da vía e delimitación dunha senda de Rociñas a Carrofeito, na parroquia de Camelle. Unha actuación financiada a través do Plan Único 2022 da Deputación da Coruña.
A primeira fase desta obra consiste na limpeza das beiravías, o pavimentado do firme con aglomerado asfáltico e a posterior sinalización da vía usando resaltos e pintura branca para delimitar, coa maior claridade posible, a senda peonil e mellorar así a seguridade viaria na zona.