A XXXI Mostra do Encaixe abre as inscricións para formar parte do grupo de voluntariado deste evento

  • As persoas interesadas poden chamar ou enviar mensaxe de Whatsapp ao teléfono 653 26 55 29 ou por correo en dolores.lema@camarinas.net.

 

A XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas abre desde hoxe as inscricións para formar parte do grupo de voluntariado do evento. As persoas interesadas en participar como parte da organización poden chamar ou enviar unha mensaxe de Whatsapp ao teléfonos 653 26 55 29 ou por correo electrónico en dolores.lema@camarinas.net.

 

As voluntarias e voluntarios son parte viva dunha Mostra do Encaixe Deputación da Coruña que este ano volve á súa data tradicional de Semana Santa e celebrarase do 13 ao 17 de abril de 2022.

 

A directora da Mostra, Dolores Lema, subliña a importancia das persoas voluntarias: “sería imposible a celebración desta cita sen elas e sen o traballo que fan antes, durante e despois da Mostra. Son parte imprescindible para nós”.