X Carreira Pedestre e solidaria de Camariñas – Circuíto

Este domingo, 20 de marzo, o Concello de Camariñas celebrará a súa X Carreira Pedestre, dentro do 7º Circuíto ‘Correndo pola Costa da Morte’. A carreira ten carácter solidario xa que se recadarán fondos para a Asociación Provincial Contra o Cancro a través dunha categoría chamada ‘3K contra o cancro’ na que poden participar todas as persoas nadas no ano 2006 e anteriores. Ademais, desde a organización habilitouse unha ‘Fila 0’ para que calquera persoa poida facer o seu donativo aínda que non participe en ningunha proba.

As probas, un total de seis, comezarán ás 10:30 horas, coa categoría alevin. A categoría benxamin terá saída ás 10:30 hora; os infantís, xuvenís e cadetes sairán ás 11:00 horas ao igual que os participantes na proba 3K contra o cancro; ás 11:40 horas será a quenda para os de idade ‘Pitufo’ e, por último, a saída da absoluta será ás 12:15 horas.

Deportes

Contacto Deportes

Concello de Camariñas. Praza de Insuela
Tfno. 981736000
Técnico de deporte:
deportes@camarinas.net
Conc. Delegado Deportes:
fabian.canosa@camarinas.net