05 Abril, 2022
Unha das novidades da XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña será a estrea do espazo de ‘VodaEncaixe’, unha zona que se creará no interior do pavillón e onde as parellas que o desexen poderán deseñar integramente o seu casamento sen saír do recinto.
Neste recuncho os asistentes poderán atopar, da man de empresas locais e do deseñador Jose Matteôs, todo o que precisan para organizar unha cerimonia de voda: vestidos de Matteôs Novias, vehículos de Alebura, a Floristería Alecrín que aplica encaixe nos ramos e en detalles de voda, os detalles de Agasalla Encaixe Agasalla Amor e a cobertura fotográfica da man de Diego Alonso Fotógrafo.
Ademais, na parede do stand de ‘VodaEncaixe’ estarán os tocados de voda das coleccións que presentaron o ano pasado no desfile de ‘ArtEncaixe’ as artesáns Charo López Atelier, Janet Schulz, Ana Miguens e Viviana Araújo.
A concelleira da Mostra, Encarna Liñeiro, explica que “serve como promoción do estupendo traballo que fan as empresas locais e tamén aporta un motivo máis para ir en Semana Santa á Mostra a esas parexas que lle están dando voltas á súa voda”.