22 Abril, 2022
Este martes día 26 de abril dará comezo, na súa segunda edición, as clases prácticas do programa Aprende a través do Surfing. Os días de actividade serán martes, mércores e xoves nesta primeira semana (CEIP O Areal) e luns, martes e mércores da seguinte (CEIP da Ponte do Porto).
Aprende a través do Surfing, naceu co obxectivo prioritario de seguir acercando o mar e os diferentes modelos de surf aos estudantes de terceiro e cuarto de primaria do colexio de Camariñas e do CEIP da Ponte do Porto.
Durante este percorrido os obxectivos foron medrando e neste intre é fundamental o coidado e a concienciación sobre como se debe tratar o Mar.
Neste curso 21/22 ao Concello de Camariñas e á Deputación da Coruña, súmase á actividade, o programa Xogade da Xunta de Galicia e incorporamos Aprende a través do Surfing ao proxecto Explora 10, que a Consellería de Medio Rural ten a ben sufragar nunha parte.
Participarán estudiantes de segundo, terceiro e cuarto do CEIP O AREAL e do CEIP de Ponte do Porto, cun total de 56 de O Areal e 44 da Ponte do Porto, agardemos que sexa unha experiencia agradable para todos elas.
Por último agradecer aos centros educativos a súa predisposición a participar neste proxecto transversal que con tanto cariño desenvolvemos.