INCENDIO EN AROU

INCENDIO EN AROU

Este mediodía, contra as 12:20 horas da mañá, detectouse en Arou un incendio, ao que acudiron para sofocar as lapas os bombeiros do Distrito Forestal, tres cuadrillas, tres helicópteros e dúas motobombas, que contaron coa colaboración da Policía Local de Camariñas e parte das persoas que integran a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil. 
 
Ás 15:30 cortábase a estrada que une Arou con Santa Mariña, para facilitar o tránsito dos vehículos especiais que traballaban nas tarefas anti incendio. Foi á altura de Lobeiras. Nestes momentos incorporábase tamén outro helicóptero ao operativo.
 
Sobre as 18:00 horas declarouse como estabilizado, afectando a unha área total de 60 hectáreas. Desde o Concello de Camariñas queremos agradecer a implicación e traballo por parte de todas as persoas que integraron o dispositivo o longo desta xornada.