Camariñas abre a preinscrición para as súas actividades de verán

  • O último día para enviar as solicitudes é o 10 de xuño, e terán preferencia os empadroados.
  • Haberá 24 prazas por quenda nas actividades acuáticas e 100 por quenda no obradoiro de tempo libre.

 

O Concello de Camariñas abriu hoxe, e ata o venres 10 de xuño, o prazo de preinscrición obrigatorio para participar nas actividades deportivas previstas para este verán, que ofrecen unha alternativa de ocio e conciliación á mocidade e ás súas familias.

 

Neste ano hai que ter enconta o seguinte:


Haberá dispoñibles 24 prazas por quenda nas actividades acuáticas.

No obradoiro de tempo libre, estarán dispoñibles 100 por quenda.

A orde de preferencia no suposto de recibir máis preinscricións que prazas será:


a) Persoas participantes empadroadas no Concello de Camariñas.
b) Resto de persoas interesadas.


No caso de que as preinscricións de persoas participantes empadroadas superen o límite de prazas previsto, estas, asignaranse mediante sorteo entre elas, para as quendas que o precisen.


No suposto que queden prazas non cubertas no caso anterior, farase sorteo para o resto de persoas interesadas, para as quendas que o precisen.

Non se dará por válida a preinscrición da mesma persoa na mesma quenda nas dúas actividades


As taxas pagaranse nun só pago, polo importe total das quendas nas que se matriculen definitivamente.

 

Preinscrición online:

Descargas

Deportes

Contacto Deportes

Concello de Camariñas. Praza de Insuela
Tfno. 981736000
Técnico de deporte:
deportes@camarinas.net
Conc. Delegado Deportes:
fabian.canosa@camarinas.net