INFORMACIÓN ACTIVIDADES DE VERÁN - ACTIVIDADES ACUÁTICAS E OBRADOIRO DE TEMPO LIBRE

ACTIVIDADES ACUÁTICAS E OBRADOIRO DE TEMPO LIBRE

Todas as persoas que realizaron a preisncrición en tempo e forma no Obradoiro de Tempo Libre están admitidas, nas parroquias de A Ponte do Porto, Camelle e Camariñas.

 

Respecto ás actividades acuáticas, na 1ª QUENDA, están admitidas todas as persoas empadroadas no Concello de Camariñas, NON quedando prazas dispoñibles para os non empadroados.

 

Na 2ª e 3ª QUENDA realizarase un sorteo para cubrir as prazas libres.

 

Deberase formalizar a matrícula e pagos de taxas entre o 20-27 de xuño, quen non o faga entenderase que renuncia á praza (excepto as actividades acuáticas, pendentes de sorteo). O pago será nun único abono das quendas nas que se preinscribiu.

 

Para formalizar a matrícula e pago de taxas, hai dúas fórmulas:

 

- Presencialmente, na casa do Concello.

 

  • Solicitar que a carta de pago sexa enviada por correo electrónico. Para iso deberán poñerse en contacto co departamento de deportes vía telefónica (665134152/662519133) ou por email (deportes@camarinas.net).

Deportes

Contacto Deportes

Concello de Camariñas. Praza de Insuela
Tfno. 981736000
Técnico de deporte:
deportes@camarinas.net
Conc. Delegado Deportes:
fabian.canosa@camarinas.net