Inícianse os campamentos de verán 2022

Inícianse os campamentos de verán, que por primeira vez son en tres sedes: Camariñas, Ponte do Porto e Camelle 166

 

  • Hai un total de 166 inscritos entre o obradoiro de tempo libre e as actividades acuáticas.

 

Hoxe, luns 4 de xullo, comezaron os campamentos de verán do Concello de Camariñas, que contan cun total de 166 rapaces e rapazas inscritos e que por primeira vez se levan a cabo, ademais de en Camariñas, na Ponte do Porto e en Camelle.  

 

Entre as actividades acuáticas e o obradoiro de tempo libre hai 103 inscritos en Camariñas, 31 na Ponte do Porto e 32 en Camelle. Programáronse catro quendas: do 4 ao 15 de xullo, do 19 ao 2 de agosto, do 3 ao 17 de agosto e do 18 ao 31 de agosto.

 

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, e as concelleiras Encarna Liñeiro e Begoña Tajes achegáronse esta mañá a dar a benvida aos participantes dos campamentos de verán, que ofrecen unha alternativa de ocio e conciliación á mocidade e ás súas familias, moi necesaria nesta época estival.