06 Xullo, 2022
O Concello de Camariñas elaborou un proxecto, que conta cun orzamento total de 25.607,64 euros, para levar a cabo unha serie de melloras necesarias na Estación de Tratamento de Auga Potable situada en Ponte do Porto.
A ETAP é moi antiga e presenta unha serie de deficiencias que o goberno local quere solucionar canto antes xa que desde esta estación sérvese auga a todo o municipio. A obra está finánciaa a Xunta de Galicia, con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental.
Así, os traballos que se levarán a cabo inclúe a reparación das fugas no circuíto de aire, do decantador e das válculas automáticas, o pintado das paredes e a impermeabilización do solo da sala de reactivos, a instalación dun novo sistema de dosificación de reactivos e a reposición dos depósitos en mal estado por outros novos.
O prazo estimado de duración das obras desde o seu inicio é de 12 semanas.