Escola de Fútbol Cabrejo - Concello de Camariñas

Queremos agradecer a resposta dada á convocatoria da Escola Cabrejo - Concello de Camariñas para a configuración da nova tempada 2022/23. Entre renovacións e altas, contamos xa con arredor de cen alumnos e alumnas, e por iso vémonos na obriga de poñer unha data límite de inscrición.
 
O vindeiro 19 de agosto pecharemos o prazo para anotarse e xogar con nós. Polo tanto, lembra que aínda estás a tempo se tes idade nalgunha das categorías de Biberón a Cadete.


Non agardes máis se queres unirte ao noso equipo!

Deportes

Contacto Deportes

Concello de Camariñas. Praza de Insuela
Tfno. 981736000
Técnico de deporte:
deportes@camarinas.net
Conc. Delegado Deportes:
fabian.canosa@camarinas.net