Andaina solidaria pola Ataxia

Andaina solidaria pola Ataxia

Este domingo saimos a rúa para facer unha andaina solidaria e así recadar fondos para loitar contra a ataxia, unha enfermidade rara caracterizada pola falta de coordinación nos movementos.

O percorrido comezará na zona do paseo fluvial, atravesando parte da Ruta dos Muíños, na Ponte do Porto. Ao final haberá un picoteo, actuacións musicais e inchábeis para os máis pequenos.

Podes sumarte á andaina e colaborar co teu donativo solidario de 5€ en: http://www.inscribirme.com/ataxia

Deportes

Contacto Deportes

Concello de Camariñas. Praza de Insuela
Tfno. 981736000
Técnico de deporte:
deportes@camarinas.net
Conc. Delegado Deportes:
fabian.canosa@camarinas.net