05 Outubro, 2022
O Concello de Camariñas deu inicio esta semana ás actividades deportivas municipais, que polo momento contan con 465 persoas inscritas, un número que pode aumentar nos próximos días xa que, aínda que o prazo para anotarse xa rematou, as persoas interesadas poderán seguir inscribíndose naquelas con prazas libres.
A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, destaca que “fixemos un esforzo para deseñar a programación de actividades e estase a notar, con números moi altos de inscritos, superando incluso datos de antes da pandemia”. Pola súa parte, o concelleiro de Deportes, Fabián Canosa, explica que “a ampla oferta trata de chegar a todas as persoas de todos os rangos de idade e condición física de cada parroquia, polo que o abano é extenso”.
Para adultos, hai as opcións máis clásicas como ximnasia de mantemento, pilates ou ioga, xunto con Relaxgim e Concello Activo Sénior, dirixida a persoas con diversas patoloxías severas con informe médico.
Para os nenos e nenas, as colaboracións con clubs da localidade permiten ofertar as escolas de fútbol e balonmán, o que se complementa con “Máis Educación Física” (+EF), actividade que xurde como reforzo da clase de Educación Física en idade de infantil e primaria.
Estes son os números que hai agora mesmo: