A IX Festa da Palilleira celebrarase o xoves 8 de decembro

A IX Festa da Palilleira celebrarase o xoves 8 de decembro

  • Terá lugar no pavillón municipal de Camariñas de 10:30 a 14 horas e de 16 a 19 horas e haberá un mercado de Nadal.
  • Para anotarse, por Whatsapp no teléfono 653 265 529 ou por correo electrónico a dolores.lema@camarinas.net

 

 

As asociacións Rendas e Puntillas e a Mostra de Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, en colaboración co Concello de Camariñas, organizan para o xoves 8 de decembro a IX Festa da Palilleira, que terá lugar no pavillón municipal de Camariñas en horario de 10:30 a 14 horas e de 16 a 19 horas.

Para participar é necesario anotarse previamente, pode facerse enviando un Whatsapp ao teléfono 653 265 529 ou por correo electrónico a dolores.lema@camarinas.net.

Ademais, os participantes poderán desfrutar do mercado de Nadal que se levará a cabo no pavillón durante toda a xornada.