O deseñador Esteban Freiría será embaixador español nun certame en Manila cunha das pezas presentadas na XXXI Mostra

  • Farao no concurso MDM de Filipinas cun dos traxes de "torero" con detalles picassianos.

 

O deseñador vigués afincado en Marbella, Esteban Freiría, será embaixador español no certame MDM en Manila cunha das catro pezas presentadas na XXXXI Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña.

 

Farao no concurso MDM de Filipinas cun dos traxes de ‘torero’ con detalles picassianos que desfilou na pasarela local esta edición, da súa colección ‘Óleo y arena’, con cores vermellos, amarelos, verdes ou negros, co encaixe pintado ao óleo, en acuarela ou ‘plumilla’, xogando cos volúmenes e as cores. Estase a celebrar esta semana.

 

“Para mi es un honor representar a España con una colección tan especial, y de la que ya disfrutamos el pasado abril en Camariñas. Situar al Encaje en un paraíso como Filipinas es un hito del que me acordaré siempre”, sinala Freiría, quen avanza que “nos vaiamos preparando para o vindeiro abril”, xa que está a traballar “nunha colección que non deixará indiferente a ninguén”.