PREVISIÓN PRESTIGE

Domingo 13/11/2022

 

13 horas - Acto institucional de homenaxe ás persoas voluntarias da catástrofe do Prestige

O Concello de Camariñas, con motivo do vinte aniversario da catástrofe do ‘Prestige’, celebrará este domingo, 13 de novembro, o acto ‘Marea Branca 2002-2022’, unha homenaxe aos centos de voluntarios e voluntarias que limparon o litoral e que se aloxaron no municipio.

 

O acto institucional comezará ás 13 horas na Casa de Pedra e contará coa presenza da ministra de Política Territorial e Portavoz do Goberno de España, Isabel Rodríguez, que clausurará a quenda de intervencións, na que tamén participarán a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso.

Logo, tralas intervencións das autoridades, ao redor das 14 horas farase unha visita ao mural instalado na Lonxa Vella.

12 horas – ‘Marea Branca 2022-2022’, mesa redonda

 

A programación da xornada abrirase ás 12 horas cunha mesa redonda na Casa de Pedra con experiencias e relatos de persoas que viviron en primeira persoa o afundimento do ‘Prestige’ e que estará moderada polo xornalista de La Voz de Galicia, Santiago Garrido.

Casa de Pedra. Pza. da Insuela, s/n Camariñas.

https://goo.gl/maps/LB5BGLM5N4nPkYtL9