"A administración preto de ti" chega a Camariñas

"A administración preto de ti" chega a Camariñas

O Concello de Camariñas colaborou coa Subdelegación do Goberno na Coruña para facilitar a organización e impartición hoxe, martes 17 de xaneiro, da xornada informativa "A Administración preto de ti" na aula CEMIT de Camariñas. 

O alumnado respostou moi positivamente a esta xornada na que se informou sobre a tramitación on line das administracións e na que se facilitou aos asistentes a obtención do certificado dixital persoal durante a sesión informativa. Para isto, dous profesionais da Subdelegación achegáronse a Camariñas e axudaron a acadar e instalar os certificados dixitais persoais do alumnado participante. Tódalas prazas dispoñibles foron ocupadas quedando persoas inscritas fora desta edición.

Estas iniciativas de achegamento de trámites que facilitan as xestións coa administración son moi valorados polas persoas que viven no rural e son moi necesarias.