O “3H BTT Circuíto da Caramiña”, proba da Copa Galicia de Resistencia, chega este domingo a Camariñas

O “3H BTT Circuíto da Caramiña”, proba da Copa Galicia de Resistencia, chega este domingo a Camariñas

  • A cita, organizada por Baikers do Vilán en colaboración co Concello, ten saída e meta na área recreativa do Ariño.
  • Participan 217 bikers, con comezo ás 10 horas, e é unha ruta circular de 6 quilómetros ao redor do Monte da Insua.

 

Este domingo, 5 de febreiro, Camariñas será a sede dunha das probas da Copa Galicia de Resistencia, un novo certame coordinado pola Federación de Ciclismo Galego (FCG). A “3H BTT Circuíto da Caramiña” está organizada pola Peña Ciclista Baikers do Vilán en colaboración co Concello de Camariñas.

 

A competición comezará ás 10 horas. A recollida de dorsais para os e as participantes será o mesmo domingo desde as 8:30 ata as 9:30 horas. É un circuíto circular, de 6 quilómetros de percorrido, con saída e chegada na zona do Ariño e que deixará fermosas estampas como a do paso pola praia do Ariño ou no alto do Monte da Insua.

 

Participan 217 bikers, que competirán en modalidade individual, por parellas ou equipos, tanto masculino, feminino ou mixto, nas seguintes categorías: Sub23 Fem., Sub23, Master 60 Fem., Master 60, Master 50 Fem., Master 50, Master 40 Fem., Master 40, Master 30 Fem., Master 30, Junior Fem., Junior, Élite Fem., Élite, Cadete Fem., Cadete.

Deportes

Contacto Deportes

Concello de Camariñas. Praza de Insuela
Tfno. 981736000
Técnico de deporte:
deportes@camarinas.net
Conc. Delegado Deportes:
fabian.canosa@camarinas.net