Camariñas abre as inscricións para a súa XI Carreira Pedestre e solidaria dentro do Circuíto “Correndo pola Costa da Morte”

Camariñas abre as inscricións para a súa XI Carreira Pedestre e solidaria dentro do Circuíto “Correndo pola Costa da Morte”

  • A proba terá lugar o 5 de marzo e recadaranse fondos para a Asociación Provincial Contra o Cancro.
  • As inscricións poden realizarse en correndopolacostadamorte.com.

 

O Concello de Camariñas celebrará o 5 de marzo a súa XI Carreira Pedestre, proba inaugural dunha nova edición do Circuíto “Correndo pola Costa da Morte”, e para a que xa está aberto o prazo de inscrición. Pode realizarse en www.correndopolacostadamorte.com.

 

A carreira ten carácter solidario xa que se recadarán fondos para a Asociación Provincial Contra o Cancro a través de dúas categorías: “3K absoluta contra o cancro” e 3K Sub 14-16-18 contra o cancro”. Ademais, desde a organización habilitouse unha “Fila 0” para que calquera persoa poida facer o seu donativo aínda que non participe en ningunha proba.

 

As probas, un total de seis, comezarán ás 10:00 horas, coa categoría sub-12. A categoría sub-10 terá saída ás 10:15 hora; a “3k absoluta contra o cancro” ás 11 horas; a “3k sub 14-16-18 contra o cancro” ás 11:05 horas; a categoría Pitufos ás 11:45 horas; e a 10K absoluta ás 12:15 horas.

 

Prazo de inscrición

 

O prazo para inscribirse no Circuíto “Correndo pola Costa da Morte” remata o 28 de febreiro de marzo ás 23:59 horas, e o prezo é de 35 euros. Para inscribirse na carreira, rematará tamén o martes 28 de febreiro, tamén ás 23:59 horas, e o prezo será de 8 euros, co valor engadido de 1 euro se se quere chip. As inscricións para as categorías base son gratuítas.  

Deportes

Contacto Deportes

Concello de Camariñas. Praza de Insuela
Tfno. 981736000
Técnico de deporte:
deportes@camarinas.net
Conc. Delegado Deportes:
fabian.canosa@camarinas.net