Camariñas abre a inscripción para as 764 prazas de obradoiros de verán e as actividades acuáticas

  • A oferta distribúese entre varias quendas ao longo do período estival para mozos e mozas nacidos do ano 2019 cara atrás.

 

O Concello de Camariñas abre hoxe, 2 de xuño, o proceso de inscrición nas 764 prazas ofertadas de obradoiros de tempo libre e actividades acuáticas para este verán.

 

A oferta repártese entre varias quendas ao longo do período estival e con máis peso para os obradoiros de tempo libre. Estes talleres de conciliación, para mozos e mozas nados entre 2008 e 2019, celebraranse en catro lugares de maneira simultánea: Camariñas, Ponye do Porto, Camelle e Xaviña. En total, ofrécense 180 prazas por cada un das quendas, a metade delas (90) en Camariñas.

 

O horario previsto é de luns a venres de 10:00 a 13:30 horas. A primeira das quendas arrincará o 3 de xullo e finalizará o 14 do mesmo mes. Do 19 de xullo ao 2 de agosto celebrarase a segunda quenda. Do 3 ao 17 de agosto a terceira e as actividades finalizarán cun tramo final do 18 ao 31 de agosto.

 

O proceso de inscrición para estes obradoiros estará aberto ata o día 16 de xuño. Esta matrícula poderase formalizar de maneira telemática a partires da ligazón ou o QR, publicados na web do Concello ou as súas redes sociais e enviando o xustificante de pago a deportes@camarinas.net. Tamén de maneira presencial na oficina de Deportes do Consistorio. O prezo é de 30 euros por quenda, aínda que hai descontos de 5 euros noutro membro da unidade familiar.

 

As actividades acuáticas, con preinscripción

 

Por outro banda, as actividades acuáticas abren desde hoxe o seu proceso de preinscripción, un requisito previo para posteriormente concretar a matrícula. O 11 de xuño finalizará este primeiro proceso, que se pode formalizar a través dos mesmos medios previstos para os obradoiros. O luns 12 de xuño se publicará a asignación de prazas. O 13, o sorteo de prazas libres. E do 14 ao 22, a formalización de pagos e renuncias.

As actividades acuáticas celebraranse no Club Náutico de Camariñas e contarán cun total de dúas quendas: a primeira do 3 ao 14 de xullo; a segunda, do 19 de xullo ao 2 de agosto. O número de prazas por quenda é dun máximo de 24, o que permite ofertar 48 ao longo de todo o verán e chegar ás citadas 764 sumando a estas actividades acuáticas as de dos obradoiros de conciliación.

 

As actividades acuáticas están orientadas a persoas nadas en 2015 e anos anteriores e teñen un custo de 50 euros (tamén con descontos en unidade familiar).

 

En todas as actividades de verán promovidas polo Concello de Camariñas teñen preferencia os empadroados. No caso de recibir máis solicitudes destes que prazas ofertadas, realizaranse sorteos para a asignación final.

Descargas

Deportes

Contacto Deportes

Concello de Camariñas. Praza de Insuela
Tfno. 981736000
Técnico de deporte:
deportes@camarinas.net
Conc. Delegado Deportes:
fabian.canosa@camarinas.net