Vitoria de Alfonso López no III torneo Concello de Camariñas de xadrez

Vitoria de Alfonso López no III torneo Concello de Camariñas de xadrez

  • Celebrouse o sábado, 1 de xullo, na Casa de Pedra.

 

O sábado 1 de xullo disputouse o III Torneo Concello de Camariñas estreando nova seda na Casa de Pedra, un local máis acolledor e céntrico que o pavillón, era a 1ª proba do VII Circuíto Intercomarcal de xadrez Deputación da Coruña 2023, o torneo repartiu 900€ en premios máis trofeos, era válido para Elo FIDE de rápidas e poñía o broche a unha semana de Campamento de verán organizado polo club xadrez Arteixo, o Náutico de Camariñas e o Smyslov Sada coa colaboración do Concello de Camariñas, Hotel Ou Parranda e Supermercado Claudio.

 

Xogáronse 8 roldas a 10´+ 5″ e participaron un total de 68 xogadores vindos principalmente da provincia da Coruña: Ferrol, Betanzos, Miño, A Coruña, Sada, Arteixo, Ames, Santiago, Noia, A Pobra, Padrón, Oroso, Cerceda, Arteixo, Laracha, Carballo, Zas, Malpica, Ponteceso, Vimianzo e Camariñas, pero tamén xogadores de Pontevedra, Ourense e Mos, e de fóra de Galicia de Asturias e Valladolid.

 

No plano deportivo houbo moita igualdade e finalmente houbo un cuádruplo empate con 6,5 puntos na cabeza, resultando campión por mellor desempate a Alfonso López de xadrez Padrón, 2º Breixo Longueira da EX Compostela, 3º Antonio Villar do AXOU Ourensán, 4º Saúl Pérez do Ensidesa Asturiano, do grupo de 6 puntos 5º Iago Fernández do Marquiño da Pobra, 6º Manuel Vázquez de Camariñas, 7º David Cernadas do Marquiño, 8º Manuel Arias do Clubexa Coruñés, con 5,5 puntos 9º Pablo Cordido do Algalia e 10º Alberto Eyo do Karpov de Pontevedra.

 

Para os premios especiais 1º sub2000 Jesús Manuel Mosqueira do Millarengo, 1º sub1600 Paula López Molina do CAP Valladolid, 1º Veterano Fernando Casares do Clubexa, 1ª Feminina Uxía Marrozos de Carballo, 1º sub18 Eduardo Cabanas da USC, 1º sub16 Noel Casares de Escola Ames, 1º sub14 Sergio Calvo de E. Ames, 1º sub12 Noel Leis de E. Ames, 1º sub10 Unai Casares de E. Ames, 1º local Alberto Luaces, 2º local Xabier López e 3º local Angel Kyustelev, entre os non premiados sorteouse un cheque regalo cortesía de supermercados GADIS por valor de 25€ que foi para o local Antón Vigo.

 

A clausura acudiu o concelleiro de deportes, Fabián Canosa, que se mostrou encantado co evento e comprometeuse a seguir en anos vindeiros.

Deportes

Contacto Deportes

Concello de Camariñas. Praza de Insuela
Tfno. 981736000
Técnico de deporte:
deportes@camarinas.net
Conc. Delegado Deportes:
fabian.canosa@camarinas.net