Danza Rosa para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama

O Concello de Camariñas fai un chamamento á cidadanía para que se sume á ‘Danza Rosa’, unha iniciativa que se levará a cabo mañá, sábado 21 de outubro para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama.

A actividade consiste nunha danza de arcos ás 17 horas no atrio da igrexa de San Xurxo en apoio contra o cancro de mama e con todas as persoas que loitan ou loitaron contra esta enfermidade. Ao remate haberá unha misa e unha ofrenda floral, ademais de actuacións do coro municipal Brisas do Mar, Mar Devalado, As Cansorriñas e os grupos de gaitas.

Debido ás malas previsións meteorolóxicas queda aprazada a andaina que estaba prevista.

O acto lévase a cabo coa colaboración coa Xunta Local de Camariñas da Asociación Española Contra o Cancro.