Continúan as labores de retirada dos pellets que están chegando ás praias de Camariñas.

Continúan as labores de retirada dos pellets que están chegando ás praias de Camariñas.

  • O pasado domingo, 7 de xaneiro, 20 voluntarios de Mar de Fábula retiraron estes residuos dos areais de Reira.
  • Onte, luns 8 de xaneiro, unha empresa contratada polo Concello, xunto co voluntariado de Mar de Fábula, continuou coa retirada.

É un traballo complicado xa que os pellets están moi enterrados na area e resulta difícil ver onde facer o cribado.

Desde o Concello solicitámoslle á veciñanza que se poñan en contacto con nós se ven este lixo nas praias do municipio.