05 Febreiro, 2024
Este domingo, 4 de febreiro, Camariñas será a sede dunha das probas da Copa Galicia de Resistencia, un novo certame coordinado pola Federación de Ciclismo Galego (FCG). A “3H Resistencia Concello de Camariñas” de BTT, organizada pola Peña Ciclista Baikers do Vilán en colaboración co Concello de Camariñas, coordinada pola Federación de Ciclismo Galego (FCG).
A competición comezará ás 10 horas. A recollida de dorsais para os e as participantes será o mesmo domingo desde as 8:30 ata as 9:30 horas. É un circuíto circular, de 6 quilómetros de percorrido, con saída e chegada na zona do Ariño e que deixará fermosas estampas como a do paso pola praia do Ariño ou no alto do Monte da Insua.
Participan 245 bikers, que competirán en modalidade individual, por parellas ou equipos, tanto masculino, feminino ou mixto, nas seguintes categorías: Sub23 Fem., Sub23, Master 60 Fem., Master 60, Master 50 Fem., Master 50, Master 40 Fem., Master 40, Master 30 Fem., Master 30, Junior Fem., Junior, Élite UCI, Élite Fem., Élite, Cadete Fem., Cadete