Os oleiros de Buño estarán na pasarela “ArtEncaixe”

  • Na XXXIII edición da Mostra do Encaixe haberá catro oleiros de Buño: Feituras, Obradoiro Tonio, Alfarería La Cacharrera e O Rulo.

 

Outro ano máis a tradición dos oleiros volve a mesturarse co encaixe de Camariñas na pasarela de “ArtEncaixe” da XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña. Nesta ocasión son catro os oleiros que participan no desfile: Feituras, Obradoiro Tonio, Alfarería La Cacharrera e O Rulo.

 

En Alfarería la Cacharrera explican que “a Asociacíon Oleira de Buño mantén unha boa relación coas compañeiras da Mostra desde hai moitos anos e para nós é un pracer poder formar parte deste evento, amosando o noso traballo. “O encaixe aporta a calidade e a delicadeza do traballo das compañeiraspalilleiras que non pode máis ca enriquecer as nosas creacións”, afirma.

 

Para Obradoiro Tonio “é unha satisfacción poder participar no desfile e presentar as nosas festas” e adiante que “vou levar un botixo e un xarro, as dúas creacións son diferentes ao que facemos habitualmente”.

 

Pola súa banda, María Canedo, de “Feituras”, afirma que “é todo un reto para min poder amosar de maneira creativa, como dúas artesanías tan distintas poden ir da man”.

 

Por último, O Rulo volverá a mostrar o resultado de xuntar barro e encaixe dun xeito armonioso.